Francisco Llano de la Encomienda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de decembro de 1879 Ceuta, España |
Morte | 31 de decembro de 1963 (84 anos) Cidade de México |
Comandante en xefe da IV División Orgánica | |
23 de febreiro de 1936 – 19 de xullo de 1936 ← José Sánchez-Ocaña Beltrán (pt) – José Aranguren Roldán → | |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Período de actividade | 1891 - |
Carreira militar | |
Rango militar | xeneral de brigada |
Conflito | guerra civil española Guerra do Rif Campaña do Norte |
Familia | |
Fillos | Luis de Llano Palmer |
Premios | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2021.) |
Francisco Llano de la Encomienda, nado en Ceuta en 1877, finado na Cidade de México o 31 de decembro de 1963, foi un militar español leal á Segunda República.
Nado en Ceuta en 1877, ingresa na Academia Militar de Toledo con catorce anos, da que sairá co grao de alférez tres anos despois. Combina destinos peninsulares e en África, e cando se proclama a República posiciónase como un dos seus defensores. Durante a etapa republicana ascende de rango pouco a pouco, e en 1936 o Goberno do Fronte Popular encomendaralle o mando da 4ª División Orgánica con sede en Barcelona. Dada a lealdade probada do xeneral cara ao goberno, a sublevación militar do 18 de xullo faise ás súas costas, e cando estala vese incapaz de controlala mediante a aplicación da súa autoridade como máximo mando militar da división, sendo detido a punta de pistola por un dos seus oficiais sublevados.
Tras o fracaso da rebelión militar en Cataluña é posto en liberdade, concedéndolle o goberno a xefatura do Exército do Norte ata xuño de 1937. Ocupará cargos administrativos ata o final da guerra, tras a cal se exilia á Cidade de México, na que falecerá en 1963